BLOGUE DO EDLG

Porque a diversidade enriquécenos, porque as linguas son depositarias da historia, expresan a identidade, contribúen ao coñecemento humano e son interesantes por si mesmas.

Aquí estamos cunha nova andaina que este curso terá que ver co noso proxecto "UNHA VIAXE POLO TEMPO", sen esquecernos do noso obxectivo principal que é dar, entregar, doar a nosa lingua a todas aquelas persoas que queiran recibila, como nola agasallaron a nós. Así darémoslle vida a este marabilloso patrimonio que é o noso idioma, creado con amor, con ledicia, con saudade, con agarimo ... polos nosos antepasados ao longo de centos de anos e que lles serviu para vivir, amar, gozar, sufrir, crer, soñar, evolucionar, desenvolverse ... durante séculos.

Podemos ler o romance de Darío Xoán Cabana sobre a historia da lingua galega aquí e escoitala pulsando aquí

Agradecemos calquera comentario, crítica construtiva... en edlgespinheira@gmail.com

Para saber máis podedes entrar en

domingo, 29 de novembro de 2015

LEMBRÁDEVOS DO NOSO CALENDARIO 2016

Agradecemos moito a toda a nosa comunidade educativa que, como xa vimos comentando desde hai semanas, participedes no concurso de ilustracións para o noso calendario 2016.
Toda a información na nosa páxina web

GUÍAS CON RECOMENDACIÓNS PARA TODAS AS IDADES

Xa están aquí: Pulsando enriba da ligazón anterior lévavos ás nosas recentes guías coas publicacións de lecturas de distintos xéneros, música, con CD e/ou DVD, hai tamén unha "peli" para adultos baseada na obra "A ESMORGA"... 
Son tres guías distintas, segundo as idades e etapas educativas, e todas elas levan un apartado para adultos (familias).
GuiñoQue o pasedes ben, lendo, escoitando, vendo..., que vos aproveiten e tamén agradecemos moitísimo que lles deades toda a difusión que poidades.
 
INFANTIL COORDINADORA DE EDLGS. DO MORRAZO

 PRIMARIA COORDINADORA DE EDLGS. DO MORRAZO  

SECUNDARIA COORDINADORA DE EDLGS. DO MORRAZO