DAMOS A LINGUA
Blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega
BLOGUE DO EDLG
Porque a diversidade enriquécenos, porque as linguas son depositarias da historia, expresan a identidade, contribúen ao coñecemento humano e son interesantes por si mesmas.
Aquí estamos cunha nova andaina que este curso terá que ver co noso proxecto "UNHA VIAXE POLO TEMPO", sen esquecernos do noso obxectivo principal que é dar, entregar, doar a nosa lingua a todas aquelas persoas que queiran recibila, como nola agasallaron a nós. Así darémoslle vida a este marabilloso patrimonio que é o noso idioma, creado con amor, con ledicia, con saudade, con agarimo ... polos nosos antepasados ao longo de centos de anos e que lles serviu para vivir, amar, gozar, sufrir, crer, soñar, evolucionar, desenvolverse ... durante séculos.
Podemos ler o romance de Darío Xoán Cabana sobre a historia da lingua galega aquí e escoitala pulsando aquí
martes, 7 de febreiro de 2017
CAMBIOS NO BLOG DO NOSO EDLG
http://ocantildaspalabras.blogspot.com.es/
martes, 20 de decembro de 2016
martes, 13 de decembro de 2016
GUÍAS DE LECTURA E MÚSICA 2016-17
Nesta ligazón podedes atopar as nosas recomendacións de lectura e música para este curso 2016-17 para os distintos grupos de idade.
Nesta época de tantos agasallos, aproveitade para elixir tamén un libro ou disco entre estes que están ben.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipespinheiraaldan/taxonomy/term/112
xoves, 27 de outubro de 2016
SAMAÍN 2016
QUE O PASEDES MOI BEN, OU SEXA, DE MEDO!!!!!!!!!!!!!!!
sábado, 25 de xuño de 2016
ADHESIVO GAÑADOR 2016
Moitísimas grazas pola vosa participación neste concurso e tamén a todas as persoas que colaboraron nalgunha parte do proceso do concurso para que este chegase a bo porto.
luns, 30 de maio de 2016
Correlingua 2016 - A Gramola Gominola
Se queredes saber máis sobre esta festividade, picade na seguinte imaxe.
Este ano o Correlingua desenvolveuse baixo o lema "O galego está en nós", inspirado nun poema de Manuel María, escritor homenaxeado este ano nas Letras Galegas.
O Equipo de DLG
mércores, 25 de maio de 2016
Dicionario Visual Interactivo
Unha páxina moi interesante coa que, mediante xogos, podedes aprender moitísimo vocabulario en galego: