BLOGUE DO EDLG
Porque a diversidade enriquécenos, porque as linguas son depositarias da historia, expresan a identidade, contribúen ao coñecemento humano e son interesantes por si mesmas.
Aquí estamos cunha nova andaina que este curso terá que ver co noso proxecto "UNHA VIAXE POLO TEMPO", sen esquecernos do noso obxectivo principal que é dar, entregar, doar a nosa lingua a todas aquelas persoas que queiran recibila, como nola agasallaron a nós. Así darémoslle vida a este marabilloso patrimonio que é o noso idioma, creado con amor, con ledicia, con saudade, con agarimo ... polos nosos antepasados ao longo de centos de anos e que lles serviu para vivir, amar, gozar, sufrir, crer, soñar, evolucionar, desenvolverse ... durante séculos.
Podemos ler o romance de Darío Xoán Cabana sobre a historia da lingua galega aquí e escoitala pulsando aquí
sábado, 23 de abril de 2016
IV Centenario da morte de Miguel de Cervantes Saavedra
O Día do Libro no Cole
Esta actividade consistía en que os nenos e nenas de cursos superiores lles lían aos máis pequenos, para desfrutar da lectura conxuntamente e os que, por idade, non saben ler, poidan coñecer contos e historias tan fermosas como as que estaban plasmadas nos libros que escolleron as profes do Equipo da Biblioteca para esta actividade.
Poñémosvos algunhas fotos para que vexades o ben que se lles da a lectura aos nosos nenos e nenas:
Día Internacional do Libro
A celebración do Día do Libro se remonta a principios de século. A historia do libro se fai festiva e xorden actividades literarias en toda España. Hoxe, o día 23 de abril celébrase en todo o mundo.
A orixe desta data se remonta a 1926. O 23 de abril de 1616 falecían Cervantes e Shakespeare. Por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi a escollida pola Conferencia Xeral da UNESCO para rendir un homenaxe mundial ao libro e os seus autores, e alentar a todos, en particular aos máis novos, a descubrir o placer da lectura e respectar a irreemprazable contribución dos creadores ao progreso social e cultural.
Velaí vos propoñemos unha serie de xogos/actividades/contos LIM para que poidades coñecer máis sobre esta data:
Póñovos un vídeo coa canción “Tan só con leres un libro” de Mamá Cabra:
venres, 22 de abril de 2016
Traballamos con Manuel María
Podemos atopar concursos, actividades dinamizadoras do galego, recursos e iniciativas… achegados por moitos colexios e institutos de Galicia.
(Picade na imaxe)
Tamén vos amosamos unha páxina web que a Coordinadora dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega creou sobre as Letras Galegas 2016. Aquí tamén atoparedes actividades e recursos que vos poidan ser de utilidade para traballar a Manuel María nas aulas:
(Picade na imaxe)