CLICA NA IMAXE :
O 22 de setembro entramos nunha nova estación: O OUTONO .
Os cambios que se producen no noso entorno coa chegada do Outono, a roupa que usamos, o comportamento dos animais nesta época do ano, a caída das follas, a chuvia, o vento ,...
LIMs
Refraneiro de outono :
- Outono chuvioso ano copioso.
- A lúa de octubre a sete cubre, e se chove, nove.
- De setembro a San Simón non cóma-lo mexillón
- A verdura en outono cómea o seu dono.
- Pasados os Remedios e san Roque, xa non hai sesta nin merendote.
- Polo Pilar, nabos á terra e viño a envasar.
- Por san Martiño e san Xudas, piñeiriña das túas uvas.
- San Simón proba o viño e o porco san Martiño.
- Santiago manda o pan, san Migueliño manda o viño, san Francisco manda a landra e san Andrés o touciño.
- Por san Xudas e san Simón, collidas as uvas son.
- A horta en outono mantén o seu dono.
- Moita flor na primavera bon outono nos espera.
- A horta en outono mantén o seu dono.
- A horta do San Martiño ten para el e máis para o veciño.
ADIVIÑAS
Ave teño de nome de lá o revestimento
o que non adiviña
non ten discorremento.