Rosalía de Castro naceu tal día coma hoxe (24 de febreiro de 1837) en Santiago de Compostela, e morreu en Padrón en 1885. Coa súa obra poética, Rosalía de Castro converteuse no símbolo do Rexurdimento da lírica galega.
Fixemos uns colgantes para levar no pescozo cun fío, que cada persoa coloreu ao seu gusto. Aquí están algúns coloreados polo alumnado para logo facer os seus colgantes. Moi agradecidos pola colaboración de todas e todos.
Este ano tamén colaboramos nunha actividade conxunta con centros da comarca, titulada Rosalía das ondas do mar, onde se elaborou un vídeo cooperativo co poema "Na lingua que eu falo".
Podedes velo premendo sobre a seguinte ligazón:
GOOGLE lembra este día con un doodle conmemorativo a Rosalía.
TAMÉN NA REDE DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA TEDES UN FEIXE DE RECURSOS SOBRE ROSALÍA DE CASTRO.
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) promove desde 2010 a conmemoración o 24 de febreiro, aniversario do nacemento da autora, do Día de Rosalía de Castro, data na que esta entidade propón á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor.
Neste 2015 a AELG propón celebralo baixo o lema “Eu son Rosalía”
A imaxe de Rosalía de Castro é unha icona da nosa cultura, representa por si mesma valores como a lingua, a defensa da nosa tradición ou os valores feministas.
Rosalía Pequeniña , libro-disco de Uxía .
A falta da estrea do vídeo da coordinadora de EDLGs. do Morrazo, aí van estes aperitivos
POEMAS MUSICADOS DE ROSALÍA :
Alborada Adiós ríos, adiós fontes
Negra sombra. Luz Casal e Carlos Núñez Maio longo. Carlos Núñez e Anabela
Ninfa das frescas aguas, Roi Casal.
AIRIÑOS, AIRIÑOS , AIRES . Poema de Rosalía de Castro musicado e cantado por Amancio Prada e as Pandereteiras de Baio.
A XUSTIZA POLA MAN. NAO
Emilio BATALLÁN- A ROSALÍA
SYMBALOO feito polo CEIP ISAAC PERAL : ROSALÍA É MUNDIAL !