BLOGUE DO EDLG
Porque a diversidade enriquécenos, porque as linguas son depositarias da historia, expresan a identidade, contribúen ao coñecemento humano e son interesantes por si mesmas.
Aquí estamos cunha nova andaina que este curso terá que ver co noso proxecto "UNHA VIAXE POLO TEMPO", sen esquecernos do noso obxectivo principal que é dar, entregar, doar a nosa lingua a todas aquelas persoas que queiran recibila, como nola agasallaron a nós. Así darémoslle vida a este marabilloso patrimonio que é o noso idioma, creado con amor, con ledicia, con saudade, con agarimo ... polos nosos antepasados ao longo de centos de anos e que lles serviu para vivir, amar, gozar, sufrir, crer, soñar, evolucionar, desenvolverse ... durante séculos.
Podemos ler o romance de Darío Xoán Cabana sobre a historia da lingua galega aquí e escoitala pulsando aquí
domingo, 29 de novembro de 2015
GUÍAS CON RECOMENDACIÓNS PARA TODAS AS IDADES
Son tres guías distintas, segundo as idades e etapas educativas, e todas elas levan un apartado para adultos (familias).
Que o pasedes ben, lendo, escoitando, vendo..., que vos aproveiten e tamén agradecemos moitísimo que lles deades toda a difusión que poidades.
INFANTIL COORDINADORA DE EDLGS. DO MORRAZO
PRIMARIA COORDINADORA DE EDLGS. DO MORRAZO
SECUNDARIA COORDINADORA DE EDLGS. DO MORRAZO