BLOGUE DO EDLG
Porque a diversidade enriquécenos, porque as linguas son depositarias da historia, expresan a identidade, contribúen ao coñecemento humano e son interesantes por si mesmas.
Aquí estamos cunha nova andaina que este curso terá que ver co noso proxecto "UNHA VIAXE POLO TEMPO", sen esquecernos do noso obxectivo principal que é dar, entregar, doar a nosa lingua a todas aquelas persoas que queiran recibila, como nola agasallaron a nós. Así darémoslle vida a este marabilloso patrimonio que é o noso idioma, creado con amor, con ledicia, con saudade, con agarimo ... polos nosos antepasados ao longo de centos de anos e que lles serviu para vivir, amar, gozar, sufrir, crer, soñar, evolucionar, desenvolverse ... durante séculos.
Podemos ler o romance de Darío Xoán Cabana sobre a historia da lingua galega aquí e escoitala pulsando aquí
martes, 16 de decembro de 2014
CALENDARIO 2015
Aquí está o noso calendario para o novo ano 2015 acorde co proxecto deste curso "UNHA VIAXE POLO TEMPO" . Agardamos que vos guste e que vos poida ser de utilidade.
As coplas son anacos da Historia da Lingua de Darío Xoán Cabana. Podedes acceder á historia completa en http://diadasletrasgalegas.galiciadigital.com/romance