Porque a diversidade enriquécenos, porque as linguas son depositarias da historia, expresan a identidade, contribúen ao coñecemento humano e son interesantes por si mesmas.
Aquí estamos cunha nova andaina que este curso terá que ver co noso proxecto"UNHA VIAXE POLO TEMPO", senesquecernos do noso obxectivo principal que é dar, entregar, doar a nosa lingua a todas aquelas persoas que queiran recibila, como nola agasallaron a nós. Asídarémoslle vida a este marabilloso patrimonio que é o noso idioma, creado con amor, con ledicia, con saudade, con agarimo ... polos nosos antepasados ao longo de centos de anos e que lles serviu para vivir, amar, gozar, sufrir, crer, soñar, evolucionar, desenvolverse ...durante séculos.
Podemos ler o romance de Darío Xoán Cabana sobre a historia da lingua galega aquí e escoitala pulsando aquí
Agradecemos calquera comentario, crítica construtiva... en edlgespinheira@gmail.com
A PAZ CONSTRÚESE CO ESFORZO DE TOD@S, compartido por Ana Martínez (http://aulatic-terradeferrol.blogspot.com) .
"Wangari e as árbores da paz: unha historia verdadeira" Jeanette Winter.
PREZI DÍA DA PAZ . O CEP Pilar Maestu Sierra de A Pobra xunto co CEIP Cespón realizaron unha sinxela PREZI sobre Alfred Nobel, Nobel da Paz e Nelson Mandela.
Toño Vicente fixo un Brincaletras para o Día da
PAZ :
Grazas a Ana de AulaTic- TerradeFerrol por compartir este recurso.
Lim de Belén Junquera
Conto e Actividades ,Lim de Belén Junquera:
Conto : Marce , O Carteiro .
Conto de Gloria Fuertes , montaxe e tradución o galego de Ana Martínez .
Por compartir todos estes recursos ,o voso traballo ,con todos nós .