BLOGUE DO EDLG

Porque a diversidade enriquécenos, porque as linguas son depositarias da historia, expresan a identidade, contribúen ao coñecemento humano e son interesantes por si mesmas.

Aquí estamos cunha nova andaina que este curso terá que ver co noso proxecto "UNHA VIAXE POLO TEMPO", sen esquecernos do noso obxectivo principal que é dar, entregar, doar a nosa lingua a todas aquelas persoas que queiran recibila, como nola agasallaron a nós. Así darémoslle vida a este marabilloso patrimonio que é o noso idioma, creado con amor, con ledicia, con saudade, con agarimo ... polos nosos antepasados ao longo de centos de anos e que lles serviu para vivir, amar, gozar, sufrir, crer, soñar, evolucionar, desenvolverse ... durante séculos.

Podemos ler o romance de Darío Xoán Cabana sobre a historia da lingua galega aquí e escoitala pulsando aquí

Agradecemos calquera comentario, crítica construtiva... en edlgespinheira@gmail.com

Para saber máis podedes entrar en

martes, 14 de abril de 2015

5º CANCIONEIRO

Aquí está o novo 5º CANCIONEIRO que estamos aprendendo. Moitísimas grazas a todas as persoas que colaboraron para que, outro ano máis, podamos gozar e aprender CANTANDO  CON ALEGRÍA.


  

Como imos asistir a un concerto de Paco Nogueiras Nodar, queremos aprender as súas cancións, con moita ledicia.


Meu o mundo é!  en https://youtu.be/F1e0wAcXcgw


Apertas que voan en https://youtu.be/gMNIjbRxGAU  

O entroido move o corpo en https://youtu.be/1U6Qdd6yGq0
ou https://youtu.be/Hd7mOS9QWbg

O apalpador  en  https://youtu.be/qZPsO5m_Tns

Ou un resumo xeral rápido en https://youtu.be/_QeS-vcocdI