BLOGUE DO EDLG

Porque a diversidade enriquécenos, porque as linguas son depositarias da historia, expresan a identidade, contribúen ao coñecemento humano e son interesantes por si mesmas.

Aquí estamos cunha nova andaina que este curso terá que ver co noso proxecto "UNHA VIAXE POLO TEMPO", sen esquecernos do noso obxectivo principal que é dar, entregar, doar a nosa lingua a todas aquelas persoas que queiran recibila, como nola agasallaron a nós. Así darémoslle vida a este marabilloso patrimonio que é o noso idioma, creado con amor, con ledicia, con saudade, con agarimo ... polos nosos antepasados ao longo de centos de anos e que lles serviu para vivir, amar, gozar, sufrir, crer, soñar, evolucionar, desenvolverse ... durante séculos.

Podemos ler o romance de Darío Xoán Cabana sobre a historia da lingua galega aquí e escoitala pulsando aquí

Agradecemos calquera comentario, crítica construtiva... en edlgespinheira@gmail.com

Para saber máis podedes entrar en

martes, 5 de maio de 2015

LETRAS GALEGAS



Xosé Fernando Filgueira Valverde, foi co-fundador do Seminario de Estudos Galegos e director do Instituto Padre Sarmiento e do Museo de Pontevedra. Presidiu o Consello da Cultura Galega e foi membro da Real Academia Galega. É autor dunha moi numerosa obra, nomeadamente nos campos da historia, literatura, arqueoloxía e antropoloxía de Galicia.
Adícaselle o Día das Letras de 2015 polo seu traballo a prol da cultura galega.


VIDEO :
                            

RECURSOS da  :


Biografía de Filgueira Valverde

Actividades interactivas en EDILIM sobre a biografía de X. Filgueira Valverde.
Resultado de imaxes para slogan letras galegas 2015

Infantil (EDILIM)                                 

Actividades Infantil                   

Actividades 1º e 2º de Primaria

Actividades 3º e 4º de Primaria         Resultado de imaxes para letras galegas

Actividades 5º e 6º de Primaria       

Actividades EDILIM                     

Unidade didáctica composta por lim, video e xogo sobre a vida e obra de D. Xosé Filgueira Valverde homenaxeado co Día das Letras galegas 2015.
 Colaboran os alumnos e alumnas de 4º de EP do CEIP Plurilingüe A Magdalena das Pontes.

  1265-131215-a-XOSE FILGUEIRA VALVERDE


XOGOS 5º e 6º: Pasapalabra e Test
Para afondar no coñecemento da vida e obra do homenaxeado nas Letras Galegas 2015 de xeito lúdico.
Autoría: Aurora Gay Méndez

                        pasapalabra

RECURSOS daXunta de Galicia : Preme na imaxe .









VIDEOS :Xosé Filgueira Valverde Mini biografía do homenaxeado no día das Letras Galegas .

Empápate co galego. Día das letras galegas 2015 :

Composición multimedia co relato "A moza que fai frores", de Quintana viva.: