BLOGUE DO EDLG

Porque a diversidade enriquécenos, porque as linguas son depositarias da historia, expresan a identidade, contribúen ao coñecemento humano e son interesantes por si mesmas.

Aquí estamos cunha nova andaina que este curso terá que ver co noso proxecto "UNHA VIAXE POLO TEMPO", sen esquecernos do noso obxectivo principal que é dar, entregar, doar a nosa lingua a todas aquelas persoas que queiran recibila, como nola agasallaron a nós. Así darémoslle vida a este marabilloso patrimonio que é o noso idioma, creado con amor, con ledicia, con saudade, con agarimo ... polos nosos antepasados ao longo de centos de anos e que lles serviu para vivir, amar, gozar, sufrir, crer, soñar, evolucionar, desenvolverse ... durante séculos.

Podemos ler o romance de Darío Xoán Cabana sobre a historia da lingua galega aquí e escoitala pulsando aquí

Agradecemos calquera comentario, crítica construtiva... en edlgespinheira@gmail.com

Para saber máis podedes entrar en

sábado, 23 de abril de 2016

IV Centenario da morte de Miguel de Cervantes Saavedra


Non podíamos deixar pasar esta data xa que hoxe conmemórase o IV Centenario da morte de Miguel de Cervantes, resonado escritor de todos os tempos.

Se pulsades na imaxe do libro que aparece a continuación poderedes ler a súa obra máis coñecida "El ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha":

Image and video hosting by TinyPic

Aquí tedes un LIM sobre o escritor Miguel de Cervantes:

                                                                                     (Picade na imaxe)
Image and video hosting by TinyPic

O Equipo de DLG