BLOGUE DO EDLG

Porque a diversidade enriquécenos, porque as linguas son depositarias da historia, expresan a identidade, contribúen ao coñecemento humano e son interesantes por si mesmas.

Aquí estamos cunha nova andaina que este curso terá que ver co noso proxecto "UNHA VIAXE POLO TEMPO", sen esquecernos do noso obxectivo principal que é dar, entregar, doar a nosa lingua a todas aquelas persoas que queiran recibila, como nola agasallaron a nós. Así darémoslle vida a este marabilloso patrimonio que é o noso idioma, creado con amor, con ledicia, con saudade, con agarimo ... polos nosos antepasados ao longo de centos de anos e que lles serviu para vivir, amar, gozar, sufrir, crer, soñar, evolucionar, desenvolverse ... durante séculos.

Podemos ler o romance de Darío Xoán Cabana sobre a historia da lingua galega aquí e escoitala pulsando aquí

Agradecemos calquera comentario, crítica construtiva... en edlgespinheira@gmail.com

Para saber máis podedes entrar en

martes, 3 de maio de 2016

Os Maios

O venres 29 de Abril celebramos no cole o día dos Maios como se ven facendo desde fai uns anos.

O Faro de Vigo fíxose eco da noticia desta festividade tan chamativa. Podedes ler a noticia se picades na seguinte imaxe:

Un LIM que vos pode ser de axuda para coñecer máis desta tradición que se leva a cabo na vila de Aldán (tamén podedes atopalo na páxina web do cole):
 

O Equipo de DLG