BLOGUE DO EDLG

Porque a diversidade enriquécenos, porque as linguas son depositarias da historia, expresan a identidade, contribúen ao coñecemento humano e son interesantes por si mesmas.

Aquí estamos cunha nova andaina que este curso terá que ver co noso proxecto "UNHA VIAXE POLO TEMPO", sen esquecernos do noso obxectivo principal que é dar, entregar, doar a nosa lingua a todas aquelas persoas que queiran recibila, como nola agasallaron a nós. Así darémoslle vida a este marabilloso patrimonio que é o noso idioma, creado con amor, con ledicia, con saudade, con agarimo ... polos nosos antepasados ao longo de centos de anos e que lles serviu para vivir, amar, gozar, sufrir, crer, soñar, evolucionar, desenvolverse ... durante séculos.

Podemos ler o romance de Darío Xoán Cabana sobre a historia da lingua galega aquí e escoitala pulsando aquí

Agradecemos calquera comentario, crítica construtiva... en edlgespinheira@gmail.com

Para saber máis podedes entrar en

luns, 1 de febreiro de 2016

Celebramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz





Desde 1964, para conmemorar a morte de Mahatma Gandhi, celébrase o 30 de xaneiro o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, recoñecido pola UNESCO en 1993.
Nesta data lémbrase a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz.


 




O lema deste día é:

"Amor universal, Non-violencia e Paz. O amor universal é mellor que o egoísmo; A non-violencia é mellor que a violencia; e, a  paz é mellor que a guerra".








Unha forma de ver o significado da PAZ a través dos ollos dos nenos e nenas:

(Presentación extraída da web do CEIP Isaac Peral, de Ferrol)





LIMs sobre a PAZ

Image and video hosting by TinyPic


Image and video hosting by TinyPic


Image and video hosting by TinyPic


Image and video hosting by TinyPic

O Equipo de DLG