BLOGUE DO EDLG

Porque a diversidade enriquécenos, porque as linguas son depositarias da historia, expresan a identidade, contribúen ao coñecemento humano e son interesantes por si mesmas.

Aquí estamos cunha nova andaina que este curso terá que ver co noso proxecto "UNHA VIAXE POLO TEMPO", sen esquecernos do noso obxectivo principal que é dar, entregar, doar a nosa lingua a todas aquelas persoas que queiran recibila, como nola agasallaron a nós. Así darémoslle vida a este marabilloso patrimonio que é o noso idioma, creado con amor, con ledicia, con saudade, con agarimo ... polos nosos antepasados ao longo de centos de anos e que lles serviu para vivir, amar, gozar, sufrir, crer, soñar, evolucionar, desenvolverse ... durante séculos.

Podemos ler o romance de Darío Xoán Cabana sobre a historia da lingua galega aquí e escoitala pulsando aquí

Agradecemos calquera comentario, crítica construtiva... en edlgespinheira@gmail.com

Para saber máis podedes entrar en

venres, 5 de febreiro de 2016

O Entroido en Galicia

O Entroido é unha festa de carácter tradicional que se celebra entre os meses de febreiro e marzo.

O Entroido celébrase en Galicia con características particulares e con disfraces e festividades moi diversas.

Son moi recoñecidas as celebracións de Xinzo de Limia, Laza, Verín, Vila de Cruces, A Estrada, Vilaboa… e moitas máis poboacións de Galicia.

Os Bolechas cóntannos o que é o Entroido:

Image and video hosting by TinyPic
Pica na imaxe

Unha web interesante é a que a continuación aparecerá se picades na imaxe. Nos fala do que é o Entroido, a gastronomía desta época do ano, lugares onde se celebran os Entroidos máis sonados...

Image and video hosting by TinyPic
Pica na imaxe
E... se teño fame, que podo comer no Entroido? Velaí vos vai un enlace a moitos pratos típicos desta festividade e como preparalos:
Image and video hosting by TinyPic
Pica na imaxe

Pasade unhas BOAS VACACIÓNS!!!

O Equipo de DLG