BLOGUE DO EDLG

Porque a diversidade enriquécenos, porque as linguas son depositarias da historia, expresan a identidade, contribúen ao coñecemento humano e son interesantes por si mesmas.

Aquí estamos cunha nova andaina que este curso terá que ver co noso proxecto "UNHA VIAXE POLO TEMPO", sen esquecernos do noso obxectivo principal que é dar, entregar, doar a nosa lingua a todas aquelas persoas que queiran recibila, como nola agasallaron a nós. Así darémoslle vida a este marabilloso patrimonio que é o noso idioma, creado con amor, con ledicia, con saudade, con agarimo ... polos nosos antepasados ao longo de centos de anos e que lles serviu para vivir, amar, gozar, sufrir, crer, soñar, evolucionar, desenvolverse ... durante séculos.

Podemos ler o romance de Darío Xoán Cabana sobre a historia da lingua galega aquí e escoitala pulsando aquí

Agradecemos calquera comentario, crítica construtiva... en edlgespinheira@gmail.com

Para saber máis podedes entrar en

mércores, 24 de febreiro de 2016

Homenaxeamos a Rosalía de Castro

Hoxe é o #DíaDeRosalía.

Hoxe, 24 de febreiro, celebramos o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, escritora galega e figura indispensable da literatura do século XIX.
Imos coñecela mellor… tanto a súa vida, como a súa obra picando na seguinte ligazón de Educabarrié:

Image and video hosting by TinyPic

Se picades na foto do libro de Follas Novas, tamén teredes acceso á lectura das súas obras, grazas á Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes:



Cousas curiosas que atopamos pola rede: 

1. Canción con Pictogramas "Adiós ríos, adiós fontes"

 

2. A súa casa-museo…








… coa súa páxina web
Image and video hosting by TinyPic 



O Equipo de DLG