BLOGUE DO EDLG
Porque a diversidade enriquécenos, porque as linguas son depositarias da historia, expresan a identidade, contribúen ao coñecemento humano e son interesantes por si mesmas.
Aquí estamos cunha nova andaina que este curso terá que ver co noso proxecto "UNHA VIAXE POLO TEMPO", sen esquecernos do noso obxectivo principal que é dar, entregar, doar a nosa lingua a todas aquelas persoas que queiran recibila, como nola agasallaron a nós. Así darémoslle vida a este marabilloso patrimonio que é o noso idioma, creado con amor, con ledicia, con saudade, con agarimo ... polos nosos antepasados ao longo de centos de anos e que lles serviu para vivir, amar, gozar, sufrir, crer, soñar, evolucionar, desenvolverse ... durante séculos.
Podemos ler o romance de Darío Xoán Cabana sobre a historia da lingua galega aquí e escoitala pulsando aquí
domingo, 29 de novembro de 2015
LEMBRÁDEVOS DO NOSO CALENDARIO 2016
Toda a información na nosa páxina web
GUÍAS CON RECOMENDACIÓNS PARA TODAS AS IDADES
Son tres guías distintas, segundo as idades e etapas educativas, e todas elas levan un apartado para adultos (familias).

INFANTIL COORDINADORA DE EDLGS. DO MORRAZO
PRIMARIA COORDINADORA DE EDLGS. DO MORRAZO
SECUNDARIA COORDINADORA DE EDLGS. DO MORRAZO
venres, 23 de outubro de 2015
martes, 5 de maio de 2015
LETRAS GALEGAS


Xosé Fernando Filgueira Valverde, foi co-fundador do Seminario de Estudos Galegos e director do Instituto Padre Sarmiento e do Museo de Pontevedra. Presidiu o Consello da Cultura Galega e foi membro da Real Academia Galega. É autor dunha moi numerosa obra, nomeadamente nos campos da historia, literatura, arqueoloxía e antropoloxía de Galicia.
VIDEO :


RECURSOS da
:
Biografía de Filgueira Valverde
Actividades interactivas en EDILIM sobre a biografía de X. Filgueira Valverde.Actividades Infantil
Actividades 1º e 2º de Primaria
Actividades 3º e 4º de Primaria 
Actividades 5º e 6º de Primaria

RECURSOS da




Empápate co galego. Día das letras galegas 2015
:
martes, 14 de abril de 2015
5º CANCIONEIRO
Aquí está o novo 5º CANCIONEIRO que estamos aprendendo. Moitísimas grazas a todas as persoas que colaboraron para que, outro ano máis, podamos gozar e aprender CANTANDO CON ALEGRÍA.
Como imos asistir a un concerto de Paco Nogueiras Nodar, queremos aprender as súas cancións, con moita ledicia.
Ou un resumo xeral rápido en https://youtu.be/_QeS-vcocdI
mércores, 25 de febreiro de 2015
8 de MARZO


Esas mulleres tan especiais, que nos enchen de mimos, que nos coidan cando estamos enfermos, que nos fan de comer, que nos levan de paseo... e que tanto nos queren.
CONTOS


LIMs

INFANTIL :


1º CICLO :

2º e 3º CICLO :

LIM da nosa compañeira Nela Abella .
