BLOGUE DO EDLG

Porque a diversidade enriquécenos, porque as linguas son depositarias da historia, expresan a identidade, contribúen ao coñecemento humano e son interesantes por si mesmas.

Aquí estamos cunha nova andaina que este curso terá que ver co noso proxecto "UNHA VIAXE POLO TEMPO", sen esquecernos do noso obxectivo principal que é dar, entregar, doar a nosa lingua a todas aquelas persoas que queiran recibila, como nola agasallaron a nós. Así darémoslle vida a este marabilloso patrimonio que é o noso idioma, creado con amor, con ledicia, con saudade, con agarimo ... polos nosos antepasados ao longo de centos de anos e que lles serviu para vivir, amar, gozar, sufrir, crer, soñar, evolucionar, desenvolverse ... durante séculos.

Podemos ler o romance de Darío Xoán Cabana sobre a historia da lingua galega aquí e escoitala pulsando aquí

Agradecemos calquera comentario, crítica construtiva... en edlgespinheira@gmail.com

Para saber máis podedes entrar en

REVISTA "OLLOS DE AULA"

Aquí podedes atopar moitos números desta estupenda e fermosa, aínda que pequena, publicación para toda a comunidade escolar.
Movendo o cursor na parte dereita podemos escoller o número ou tema que máis vos interese en cada momento.

Tamén podedes lelos, velos, imprimilos... xunto con outras publicacións que poden ser de interese en https://es.scribd.com/cendl