BLOGUE DO EDLG

Porque a diversidade enriquécenos, porque as linguas son depositarias da historia, expresan a identidade, contribúen ao coñecemento humano e son interesantes por si mesmas.

Aquí estamos cunha nova andaina que este curso terá que ver co noso proxecto "UNHA VIAXE POLO TEMPO", sen esquecernos do noso obxectivo principal que é dar, entregar, doar a nosa lingua a todas aquelas persoas que queiran recibila, como nola agasallaron a nós. Así darémoslle vida a este marabilloso patrimonio que é o noso idioma, creado con amor, con ledicia, con saudade, con agarimo ... polos nosos antepasados ao longo de centos de anos e que lles serviu para vivir, amar, gozar, sufrir, crer, soñar, evolucionar, desenvolverse ... durante séculos.

Podemos ler o romance de Darío Xoán Cabana sobre a historia da lingua galega aquí e escoitala pulsando aquí

Agradecemos calquera comentario, crítica construtiva... en edlgespinheira@gmail.com

Para saber máis podedes entrar en

venres, 26 de febreiro de 2016

Toma de contacto con Manuel María


Anticipándonos ao Día das Letras Galegas, adicado ao escritor Manuel María Fernández Teixeiro, desde o Equipo de DLG fixémonos cunhas cantas, de inumerables, obras deste autor, para que poidan estar a disposición de quen precise coñecer máis sobre a súa vida e obra e para quen queira botarlle unha ollada aos seus escritos. Estarán na biblio do cole a disposición de todo o mundo.

Algunhas delas:



A través do enlace, que aparece se picades na imaxe de abaixo, podemos ver a súa obra ao completo. E investigar tamén sobre a súa biografía, podedes ver fotos…

Image and video hosting by TinyPic

O Equipo de DLG

mércores, 24 de febreiro de 2016

Homenaxeamos a Rosalía de Castro

Hoxe é o #DíaDeRosalía.

Hoxe, 24 de febreiro, celebramos o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, escritora galega e figura indispensable da literatura do século XIX.
Imos coñecela mellor… tanto a súa vida, como a súa obra picando na seguinte ligazón de Educabarrié:

Image and video hosting by TinyPic

Se picades na foto do libro de Follas Novas, tamén teredes acceso á lectura das súas obras, grazas á Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes:



Cousas curiosas que atopamos pola rede: 

1. Canción con Pictogramas "Adiós ríos, adiós fontes"

 

2. A súa casa-museo…








… coa súa páxina web
Image and video hosting by TinyPic 



O Equipo de DLG