BLOGUE DO EDLG

Porque a diversidade enriquécenos, porque as linguas son depositarias da historia, expresan a identidade, contribúen ao coñecemento humano e son interesantes por si mesmas.

Aquí estamos cunha nova andaina que este curso terá que ver co noso proxecto "UNHA VIAXE POLO TEMPO", sen esquecernos do noso obxectivo principal que é dar, entregar, doar a nosa lingua a todas aquelas persoas que queiran recibila, como nola agasallaron a nós. Así darémoslle vida a este marabilloso patrimonio que é o noso idioma, creado con amor, con ledicia, con saudade, con agarimo ... polos nosos antepasados ao longo de centos de anos e que lles serviu para vivir, amar, gozar, sufrir, crer, soñar, evolucionar, desenvolverse ... durante séculos.

Podemos ler o romance de Darío Xoán Cabana sobre a historia da lingua galega aquí e escoitala pulsando aquí

Agradecemos calquera comentario, crítica construtiva... en edlgespinheira@gmail.com

Para saber máis podedes entrar en

domingo, 29 de novembro de 2015

LEMBRÁDEVOS DO NOSO CALENDARIO 2016

Agradecemos moito a toda a nosa comunidade educativa que, como xa vimos comentando desde hai semanas, participedes no concurso de ilustracións para o noso calendario 2016.
Toda a información na nosa páxina web

GUÍAS CON RECOMENDACIÓNS PARA TODAS AS IDADES

Xa están aquí: Pulsando enriba da ligazón anterior lévavos ás nosas recentes guías coas publicacións de lecturas de distintos xéneros, música, con CD e/ou DVD, hai tamén unha "peli" para adultos baseada na obra "A ESMORGA"... 
Son tres guías distintas, segundo as idades e etapas educativas, e todas elas levan un apartado para adultos (familias).
GuiñoQue o pasedes ben, lendo, escoitando, vendo..., que vos aproveiten e tamén agradecemos moitísimo que lles deades toda a difusión que poidades.
 
INFANTIL COORDINADORA DE EDLGS. DO MORRAZO

 PRIMARIA COORDINADORA DE EDLGS. DO MORRAZO  

SECUNDARIA COORDINADORA DE EDLGS. DO MORRAZO

venres, 23 de outubro de 2015

Recursos

http://enredoscampolongo.blogspot.com.es/
COORDINADORA GALEGA EDLG
PORTAL DA LINGUA GALEGA
                                                          

                                                       


       



martes, 5 de maio de 2015

LETRAS GALEGAS



Xosé Fernando Filgueira Valverde, foi co-fundador do Seminario de Estudos Galegos e director do Instituto Padre Sarmiento e do Museo de Pontevedra. Presidiu o Consello da Cultura Galega e foi membro da Real Academia Galega. É autor dunha moi numerosa obra, nomeadamente nos campos da historia, literatura, arqueoloxía e antropoloxía de Galicia.
Adícaselle o Día das Letras de 2015 polo seu traballo a prol da cultura galega.


VIDEO :
                            

RECURSOS da  :


Biografía de Filgueira Valverde

Actividades interactivas en EDILIM sobre a biografía de X. Filgueira Valverde.
Resultado de imaxes para slogan letras galegas 2015

Infantil (EDILIM)                                 

Actividades Infantil                   

Actividades 1º e 2º de Primaria

Actividades 3º e 4º de Primaria         Resultado de imaxes para letras galegas

Actividades 5º e 6º de Primaria       

Actividades EDILIM                     

Unidade didáctica composta por lim, video e xogo sobre a vida e obra de D. Xosé Filgueira Valverde homenaxeado co Día das Letras galegas 2015.
 Colaboran os alumnos e alumnas de 4º de EP do CEIP Plurilingüe A Magdalena das Pontes.

  1265-131215-a-XOSE FILGUEIRA VALVERDE


XOGOS 5º e 6º: Pasapalabra e Test
Para afondar no coñecemento da vida e obra do homenaxeado nas Letras Galegas 2015 de xeito lúdico.
Autoría: Aurora Gay Méndez

                        pasapalabra

RECURSOS daXunta de Galicia : Preme na imaxe .









VIDEOS :Xosé Filgueira Valverde Mini biografía do homenaxeado no día das Letras Galegas .

Empápate co galego. Día das letras galegas 2015 :

Composición multimedia co relato "A moza que fai frores", de Quintana viva.:







martes, 14 de abril de 2015

5º CANCIONEIRO

Aquí está o novo 5º CANCIONEIRO que estamos aprendendo. Moitísimas grazas a todas as persoas que colaboraron para que, outro ano máis, podamos gozar e aprender CANTANDO  CON ALEGRÍA.


  

Como imos asistir a un concerto de Paco Nogueiras Nodar, queremos aprender as súas cancións, con moita ledicia.


Meu o mundo é!  en https://youtu.be/F1e0wAcXcgw


Apertas que voan en https://youtu.be/gMNIjbRxGAU  

O entroido move o corpo en https://youtu.be/1U6Qdd6yGq0
ou https://youtu.be/Hd7mOS9QWbg

O apalpador  en  https://youtu.be/qZPsO5m_Tns

Ou un resumo xeral rápido en https://youtu.be/_QeS-vcocdI

mércores, 25 de febreiro de 2015

8 de MARZO

Glitter Text Generator
Glitter Text Generator
Neste día conmemoramos a loita da muller pola súa participación, en igualdade co home, en todos os aspectos da sociedade e no seu desenvolvemento como persoas.

Dende o Equipo da Biblioteca e Actividades Extraescolares e Complementarias propóñennos para o 8 de marzo a actividade "HISTORIA da MULLER GALEGA AO LONGO DO TEMPO"  e a actividade "CÁNTASME OU CÓNTASME", homenaxe as nosas avoas.
Esas mulleres tan especiais, que nos enchen de mimos, que nos coidan cando estamos enfermos, que nos fan de comer, que nos levan de paseo... e que tanto nos queren. 





VÍDEO: MULLER TRABALLADORA EN GALICIA 

                  

               



 

 

CONTOS

   Resultado de imaxes para o libro dos porcos youtube              Resultado de imaxes para o pais dos mandons

NÓS CREAMOS MUNDO, é un caderno creado para apoiar o traballo na aula sobre a igualdade de dereitos entre homes e mulleres nas etapas de Infantil e Primaria.
                                               

                    










LIMs




INFANTIL :



1º CICLO :



2º  e  3º CICLO :




LIM da nosa compañeira Nela Abella .

Resultado de imaxes para muller e ciencia lim



LIM sobre a historia de Galiza e as mulleres galegas feito por Nela Abella. Clicade na imaxe para acceder ao recurso.