BLOGUE DO EDLG

Porque a diversidade enriquécenos, porque as linguas son depositarias da historia, expresan a identidade, contribúen ao coñecemento humano e son interesantes por si mesmas.

Aquí estamos cunha nova andaina que este curso terá que ver co noso proxecto "UNHA VIAXE POLO TEMPO", sen esquecernos do noso obxectivo principal que é dar, entregar, doar a nosa lingua a todas aquelas persoas que queiran recibila, como nola agasallaron a nós. Así darémoslle vida a este marabilloso patrimonio que é o noso idioma, creado con amor, con ledicia, con saudade, con agarimo ... polos nosos antepasados ao longo de centos de anos e que lles serviu para vivir, amar, gozar, sufrir, crer, soñar, evolucionar, desenvolverse ... durante séculos.

Podemos ler o romance de Darío Xoán Cabana sobre a historia da lingua galega aquí e escoitala pulsando aquí

Agradecemos calquera comentario, crítica construtiva... en edlgespinheira@gmail.com

Para saber máis podedes entrar en

venres, 18 de marzo de 2016

A casa onde medran os versos - Manuel María

Poema “A casa onde medran os versos” do libro “Sonetos á Casa de Hortas” (1997) ao que lle pon música a cantante galega Uxía:



O Equipo de DLG

xoves, 17 de marzo de 2016

Conto de medo – Manuel María

O poema de hoxe titúlase “Conto de medo” e está incluído no libro do autor “As rúas do vento ceibe” (1979):



O Equipo de DLG

mércores, 16 de marzo de 2016

Rosas – Manuel María

Imos cun poema titulado “Rosas” do libro “A luz resucitada” (1984):

Se picades na imaxe que aparece a continuación accederedes a un vídeo da páxina web da Casa-Museo do autor e poderedes escoitar a Manuel María recitando este breve e fermoso poema:

Image and video hosting by TinyPic




O Equipo de DLG

martes, 15 de marzo de 2016

Terra Chá – Manuel María

Seguimos cun poema do libro “Terra Chá” (1954), que leva por título o mesmo nome. Esta vez está musicado pola cantante galega Uxía:

Ésta trátase dunha das obras poéticas máis emblemáticas de Manuel María. Nela busca a sinxeleza da forma co fin de que a poesía volva ser popular. É un percurso pola poesía humana chairega, un canto ás súas xentes, traballos, tradicións, festas, animais, cousas...




O Equipo de DLG

luns, 14 de marzo de 2016

O Arco da Vella – Manuel María

O día 21 de Marzo se conmemora o Día Mundial da Poesía e desde o Equipo de DLG queremos celebralo ao longo desta semana con poemas con temáticas moi variadas.

Para ir abrindo boca para as Letras Galegas deste ano, que se adican ao escritor Manuel María, querémosvos poñer algunhas poesías do seu puño e letra.

Comezamos cunha poesía (que ademais está musicada por Suso Vaamonde) do libro “Os soños na gaiola” (1968):

 




Esperamos que vos guste.

O Equipo de DLG

xoves, 10 de marzo de 2016

"O lobo e a lúa" de Baobab Teatro

Mañá imos, Educación Infantil, 1º, 2º e 3º de Educación Primaria, para ver esta obra tan curiosa que é “O lobo e a lúa” ao Auditorio de Cangas.

Por iso queremos deixarvos unha pequena recensión do que vos ides atopar:



SINOPSE:

Había unha vez un pequeno lobo que vivía nun prado azul, el precisaba falar coa lúa, era moi importante o que lle tiña que dicir, como a lúa estaba moi lonxe non lle escoitaba, así que o lobo tiña que berrar, cos seus berros non deixaba durmir a ninguén, nin a Nina a tartaruga, nin a Duarte o elefante, nin a Miñao o gato malvado.
No seu intento de falar coa lúa coñece a Mariano, un rato falador e divertido que lle axudará, ou quizais non.

No prado azul esta noite, ninguén pode durmir!







“O lobo e a lúa” é unha peza teatral tenra, divertida e intrigante onde os seus personaxes conviven a pesar das súas diferenzas. Ninguén é tan bo como aparenta nin tan malo como parece. Un espectáculo que transcorre sempre de noite, á luz da LÚA. Unha historia de amizade, superación dos propios medos e do amor.

Público: A partires de 2 anos de idade.

FICHA TÉCNICA:

Dirección: Óscar Ferreira e Andrea Bayer
Guión: Andrea Bayer
Dirección de manipulación: Óscar Ferreira
Elenco: Xosé Manuel Esperante / Cora Sayers
Deseño de escenografía: Óscar Ferreira
Escenografía: Óscar Ferreira e Juan Silva
Vestiario: Baobab Teatro
Música: Elena Paz e Xosé Liz
Deseño de iluminación: Daniel Abalo
Deseño sonoro: Daniel Abalo


ESPERAMOS QUE VOS GUSTE MOITO!!!

P.S. Algunhas fotos dos nosos alumnos na obra de teatro:




O Equipo de DLG