BLOGUE DO EDLG
Porque a diversidade enriquécenos, porque as linguas son depositarias da historia, expresan a identidade, contribúen ao coñecemento humano e son interesantes por si mesmas.
Aquí estamos cunha nova andaina que este curso terá que ver co noso proxecto "UNHA VIAXE POLO TEMPO", sen esquecernos do noso obxectivo principal que é dar, entregar, doar a nosa lingua a todas aquelas persoas que queiran recibila, como nola agasallaron a nós. Así darémoslle vida a este marabilloso patrimonio que é o noso idioma, creado con amor, con ledicia, con saudade, con agarimo ... polos nosos antepasados ao longo de centos de anos e que lles serviu para vivir, amar, gozar, sufrir, crer, soñar, evolucionar, desenvolverse ... durante séculos.
Podemos ler o romance de Darío Xoán Cabana sobre a historia da lingua galega aquí e escoitala pulsando aquí
venres, 22 de abril de 2016
xoves, 31 de marzo de 2016
Xogo da Vaca Connie
- Rosa: Aquí encontraredes xogos: Parellas, crebacabezas, coincidencias e a granxa.
- Azul: Aquí encontraredes contos.
- Verde: Para que xoguedes cos vosos pais: Pintar, recortar e pegar, recoñecer letras e números e formar palabras".

O Equipo de DLG
martes, 22 de marzo de 2016
Xogo da Pascua
Aquí vos deixo un LIM sobre a Pascua:
Saúdos.
luns, 21 de marzo de 2016
Día Mundial da Poesía
Cada ano, o 21 de marzo, a UNESCO celebra o Día Mundial da Poesía. A decisión de proclamar o 21 de marzo como Día Mundial da Poesía foi adoptada no ano 2001.De acordo coa decisión da UNESCO, o principal obxectivo desta acción é soster a diversidade dos idiomas a través da expresión poética.
Por outra parte, este día ten por obxecto apoiar a poesía, a volta á tradición oral dos recitais de poesía, promover o ensino da poesía, o restablecemento do diálogo entre a poesía coas demais manifestacións artísticas, como o teatro, a danza, a música, a pintura e así sucesivamente, o apoio aos pequenos editores e crear unha imaxe atractiva da poesía nos medios de comunicación.
domingo, 20 de marzo de 2016
Equinoccio de Primavera
Hoxe comeza a Primavera!!!
Démoslle a BENVIDA ás flores e ao sol (… Aínda que por aquí sigamos coa chuvia…).
Aquí vos deixamos uns LIMs sobre esta estación do ano tan fermosa cos que podedes xogar e aprender cousas sobre ésta e as demais estacións do ano:
Saúdos.
O Equipo de DLG
Galicia – Manuel María
Por último, poñervos un poema musicado por Suso Vaamonde (que podedes atopar se picades na seguinte imaxe) chamado “Galicia” que aparece no libro “Os soños na gaiola” (1968):










