
Cada ano, o
21 de marzo, a UNESCO celebra o
Día Mundial da Poesía. A decisión de proclamar o 21 de marzo como Día Mundial da Poesía foi adoptada no ano 2001.
De acordo coa decisión da UNESCO, o principal obxectivo desta acción é soster a diversidade dos idiomas a través da expresión poética.
Por outra parte, este día ten por obxecto apoiar a poesía, a volta á tradición oral dos recitais de poesía, promover o ensino da poesía, o restablecemento do diálogo entre a poesía coas demais manifestacións artísticas, como o teatro, a danza, a música, a pintura e así sucesivamente, o apoio aos pequenos editores e crear unha imaxe atractiva da poesía nos medios de comunicación.
Aí vos vai un Symbaloo que fixen con material sobre a Poesía:
O Equipo de DLG