BLOGUE DO EDLG
Porque a diversidade enriquécenos, porque as linguas son depositarias da historia, expresan a identidade, contribúen ao coñecemento humano e son interesantes por si mesmas.
Aquí estamos cunha nova andaina que este curso terá que ver co noso proxecto "UNHA VIAXE POLO TEMPO", sen esquecernos do noso obxectivo principal que é dar, entregar, doar a nosa lingua a todas aquelas persoas que queiran recibila, como nola agasallaron a nós. Así darémoslle vida a este marabilloso patrimonio que é o noso idioma, creado con amor, con ledicia, con saudade, con agarimo ... polos nosos antepasados ao longo de centos de anos e que lles serviu para vivir, amar, gozar, sufrir, crer, soñar, evolucionar, desenvolverse ... durante séculos.
Podemos ler o romance de Darío Xoán Cabana sobre a historia da lingua galega aquí e escoitala pulsando aquí
sábado, 25 de xuño de 2016
ADHESIVO GAÑADOR 2016
Moitísimas grazas pola vosa participación neste concurso e tamén a todas as persoas que colaboraron nalgunha parte do proceso do concurso para que este chegase a bo porto.
luns, 30 de maio de 2016
Correlingua 2016 - A Gramola Gominola
Se queredes saber máis sobre esta festividade, picade na seguinte imaxe.
Este ano o Correlingua desenvolveuse baixo o lema "O galego está en nós", inspirado nun poema de Manuel María, escritor homenaxeado este ano nas Letras Galegas.
O Equipo de DLG
mércores, 25 de maio de 2016
Dicionario Visual Interactivo
Unha páxina moi interesante coa que, mediante xogos, podedes aprender moitísimo vocabulario en galego:
Concurso de adhesivos
Pasade por este enlace da páxina web do cole para enterarse mellor das bases do concurso, dos modelos doutros anos...
martes, 17 de maio de 2016
luns, 16 de maio de 2016
Homenaxe a Manuel María no cole (13 de Maio)
O mural que presidiu este acto foi o seguinte. Elaborado coas fotos que nos aportou toda a comunidade educativa relacionada co noso CEIP:
O cartel que informaba do acto que se celebraba ese día no cole era éste:







