BLOGUE DO EDLG

Porque a diversidade enriquécenos, porque as linguas son depositarias da historia, expresan a identidade, contribúen ao coñecemento humano e son interesantes por si mesmas.

Aquí estamos cunha nova andaina que este curso terá que ver co noso proxecto "UNHA VIAXE POLO TEMPO", sen esquecernos do noso obxectivo principal que é dar, entregar, doar a nosa lingua a todas aquelas persoas que queiran recibila, como nola agasallaron a nós. Así darémoslle vida a este marabilloso patrimonio que é o noso idioma, creado con amor, con ledicia, con saudade, con agarimo ... polos nosos antepasados ao longo de centos de anos e que lles serviu para vivir, amar, gozar, sufrir, crer, soñar, evolucionar, desenvolverse ... durante séculos.

Podemos ler o romance de Darío Xoán Cabana sobre a historia da lingua galega aquí e escoitala pulsando aquí

Agradecemos calquera comentario, crítica construtiva... en edlgespinheira@gmail.com

Para saber máis podedes entrar en

mércores, 4 de febreiro de 2015

5º CANCIONEIRO - 2015

Aquí está o novo CANCIONEIRO que estamos aprendendo. Moitísimas grazas a todas as persoas que colaboraron para que, outro ano máis, podamos gozar e aprender CANTANDO  CON ALEGRÍA.



Para ir cantando con alegría e aprendendo cancións recollidas nel :

- No Samaín en  https://youtu.be/2x3puRGW7f8

- Meu o mundo é!  en https://youtu.be/F1e0wAcXcgw


- Apertas que voan en https://youtu.be/gMNIjbRxGAU

- O entroido move o corpo en https://youtu.be/1U6Qdd6yGq0