BLOGUE DO EDLG

Porque a diversidade enriquécenos, porque as linguas son depositarias da historia, expresan a identidade, contribúen ao coñecemento humano e son interesantes por si mesmas.

Aquí estamos cunha nova andaina que este curso terá que ver co noso proxecto "UNHA VIAXE POLO TEMPO", sen esquecernos do noso obxectivo principal que é dar, entregar, doar a nosa lingua a todas aquelas persoas que queiran recibila, como nola agasallaron a nós. Así darémoslle vida a este marabilloso patrimonio que é o noso idioma, creado con amor, con ledicia, con saudade, con agarimo ... polos nosos antepasados ao longo de centos de anos e que lles serviu para vivir, amar, gozar, sufrir, crer, soñar, evolucionar, desenvolverse ... durante séculos.

Podemos ler o romance de Darío Xoán Cabana sobre a historia da lingua galega aquí e escoitala pulsando aquí

Agradecemos calquera comentario, crítica construtiva... en edlgespinheira@gmail.com

Para saber máis podedes entrar en

luns, 9 de maio de 2016

Audiovisual “Vivindo en galego” da Coordinadora de EDLG

Abrimos entrada con esta grandísima frase da obra Sempre en Galiza de Castelao:

“Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma”.

Achegámosvos un audiovisual da Coordinadora de Equipos de Dinamización da Lingua Galega do Morrazo, realizado por varios coles e institutos da zona.

Este audiovisual quere darnos azos a todas as persoas, especialmente ás máis novas, de que falando galego enriquecémonos inmensamente.

A través de diferentes persoas, tanto anónimas como coñecidas, facemos un breve repaso do que significa para os galegos o idioma galego. E o relevante que é inculcarlle ás novas xeracións a importancia de que o noso idioma siga vivo e como di unha persoa no audiovisual “Que dure mil primaveras máis”.

AÍ VOS VAI!!!



O Equipo de DLG