BLOGUE DO EDLG

Porque a diversidade enriquécenos, porque as linguas son depositarias da historia, expresan a identidade, contribúen ao coñecemento humano e son interesantes por si mesmas.

Aquí estamos cunha nova andaina que este curso terá que ver co noso proxecto "UNHA VIAXE POLO TEMPO", sen esquecernos do noso obxectivo principal que é dar, entregar, doar a nosa lingua a todas aquelas persoas que queiran recibila, como nola agasallaron a nós. Así darémoslle vida a este marabilloso patrimonio que é o noso idioma, creado con amor, con ledicia, con saudade, con agarimo ... polos nosos antepasados ao longo de centos de anos e que lles serviu para vivir, amar, gozar, sufrir, crer, soñar, evolucionar, desenvolverse ... durante séculos.

Podemos ler o romance de Darío Xoán Cabana sobre a historia da lingua galega aquí e escoitala pulsando aquí

Agradecemos calquera comentario, crítica construtiva... en edlgespinheira@gmail.com

Para saber máis podedes entrar en

Amosando publicacións coa etiqueta Samaín. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Samaín. Amosar todas as publicacións

xoves, 23 de outubro de 2014

"Brinca Vai!": No Samaín


"NO SAMAÍN" é unha das 12 cancións incluídas no libro-cd-dvd "BRINCA VAI!", composto e interpretado por Paco Nogueiras, con ilustracións de David Pintor e vídeos de Sr. Sagüillo. Está publicado por KALANDRAKA.

xoves, 9 de outubro de 2014

SAMAÍN


CLICA NA IMAXE e escoita a canción : Medomedá.




Chegou o outono e con él as castañas, as caveiras de melón, os calacús, ; chegan as augas e os tempos escuros, rematou o verán e encétase o inverno, vaise a calor e vén o frío: acabáronse as romarías ao sol e inícianse os fiadeiros a carón do lume: 

 son os tempos de Samaín.



MERGULLÁMONOS NA REDE E ATOPAMOS ESTES RECURSOS PARA APRENDER MÁIS COUSAS SOBRE O SAMAÍN . 

Marcelina e a noite do Samaín . EEI O Grupo             
                                                             Samaín .EEI Monte da Guia






Xogamos coas bruxas, cabazas,morcegos e pantasmas!!!!
                                                                                 EEI Tarrio-Samieira                              



                             




                                                                        LIM  Colaborativo :                                                            
                             O xogo do Samaín.  CEIP Manuel Fraga (Cariño)






Webmix by Belén Junquera :
                                  

Un Samaín de conxuros , CEIP A Pedra :
Infantil                                            Primaria