BLOGUE DO EDLG

Porque a diversidade enriquécenos, porque as linguas son depositarias da historia, expresan a identidade, contribúen ao coñecemento humano e son interesantes por si mesmas.

Aquí estamos cunha nova andaina que este curso terá que ver co noso proxecto "UNHA VIAXE POLO TEMPO", sen esquecernos do noso obxectivo principal que é dar, entregar, doar a nosa lingua a todas aquelas persoas que queiran recibila, como nola agasallaron a nós. Así darémoslle vida a este marabilloso patrimonio que é o noso idioma, creado con amor, con ledicia, con saudade, con agarimo ... polos nosos antepasados ao longo de centos de anos e que lles serviu para vivir, amar, gozar, sufrir, crer, soñar, evolucionar, desenvolverse ... durante séculos.

Podemos ler o romance de Darío Xoán Cabana sobre a historia da lingua galega aquí e escoitala pulsando aquí

Agradecemos calquera comentario, crítica construtiva... en edlgespinheira@gmail.com

Para saber máis podedes entrar en

luns, 9 de febreiro de 2015

O ENTROIDO


Glitter Text Generator
Xa chega o e con el os disfraces, as bromas, a troula e comidas típicas : orellas , filloas...

O entroido celébrase  en Galiza con características particulares, con disfraces e esmorgas moi diferenciadas entre diversas poboacións: son coñecidos os entroidos de Xinzo de LimiaLazaVerínVila de CrucesA EstradaVilaboa e outros moitos, algúns dos cales están cualificados de Festas de Interés Turístico Nacional polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio

Podedes aprender e pasalo ben con moitas actividades. Aí van algúns enlaces:  

 http://coordinadoraendl.org/entroido/index.php


http://www.xunta.es/linguagalega/entroido_2015



LIM de Ana Martínez Rey


                   ENTROIDO NA CARBALLEIRA . Grazas Ana !
                                                             
LIM, Conto e Actividades
  


LIM do CRA Raiña Aragonta :  SOBRE OS DISFRACES TRADICIONAIS GALEGOS DA PROVINCIA DE OURENSE. 




LIM Colaborativo


O Entroido Galego, de Julia González




Personaxes do Entroido galego. CEIP Frian-Teis


 

LIM do Entroido en Vigo por Rosa González




QUIZ SOBRE O ENTROIDO PARA  PRIMARIA
                                      






Prema na imaxe


Para cociñar :

As sobremesas do Entroido : Vieiros da Escola .



ISSUU- Receitas, Máscaras e Vocabulario do Entroido .



Receitas do Entroido do CEIP de Goián (Tomiño)


Receitas do Entroido da EEI Fernández Varela na Pobra do Caramiñal




Escola de Educación Infantil de Vilalba .

mércores, 4 de febreiro de 2015

5º CANCIONEIRO - 2015

Aquí está o novo CANCIONEIRO que estamos aprendendo. Moitísimas grazas a todas as persoas que colaboraron para que, outro ano máis, podamos gozar e aprender CANTANDO  CON ALEGRÍA.



Para ir cantando con alegría e aprendendo cancións recollidas nel :

- No Samaín en  https://youtu.be/2x3puRGW7f8

- Meu o mundo é!  en https://youtu.be/F1e0wAcXcgw


- Apertas que voan en https://youtu.be/gMNIjbRxGAU

- O entroido move o corpo en https://youtu.be/1U6Qdd6yGq0

mércores, 14 de xaneiro de 2015

DIA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA



O 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Paz e a Non-Violencia 







Esta é a canción que imos aprender para este 30 de xaneiro
 

APERTAS QUE VOAN
Mans brancas e cara negra,

teño os beizos vermellos.

Teño sentimentos novos,

ai, teño sentimentos vellos.

Mans negras e cara branca,

https://www.youtube.com/watch?v=gMNIjbRxGAU
Para escoitala e ver un vídeo premede na imaxe
teño o meu peito cheo

de bicos e de sorrisos,

de apertas que voan no vento.

Porque ti es o meu amigo,

porque nos levamos ben,

porque ti es o meu amigo,

distinto e igual á vez.

Porque ti es a miña amiga,

porque nos levamos ben,

porque ti es a miña amiga,

distinta e igual á vez.    (Retrouso)

 Eu non quero ver fronteiras,

sempre me poño a pensar

en deixar a xanela aberta,

así pode entrar o ar.

Pintar o vento de cores,

deixar as palabras medrar

sen dar máis razoamentos

e así poder cantar.
(Retrouso)
Un camiño faise a pasiños,

un pasiño comigo has de dar,

ha de ser un camiño bonito

se imos xuntiños da man.

Non hai grandes nin pequenos, e de feros non imos falar,

dáme unha man, compañeira, que pouco nos ha de importar.
(Retrouso) (3 veces)

Na procura dun mundo mellor, levamos moitos anos traballando para buscar máis igualdade, solidariedade...




Canción PAZ : 




Recursos :

Abecedario PAZ :

                                                                                                                                                                     
                                                   

                                               

                       Que é a  a Paz ?                                                                      
                                 





Power Point sobre o Día da Paz, elaborado por Óscar López Bouzón , do CEIP de Ponzos.

                               




Cantarela dos nenos. Canción de paz - Poema de Neira Vilas




CAMPÁS POLA PAZ con pictos e LSE






A PAZ CONSTRÚESE CO ESFORZO DE TOD@S, compartido por Ana Martínez (​h​t​t​p​:​/​/​a​u​l​a​t​i​c​-​t​e​r​r​a​d​e​f​e​r​r​o​l​.​b​l​o​g​s​p​o​t​.​c​o​m​) . 


                                                 

"Wangari e as árbores da paz: unha historia verdadeira" Jeanette Winter.











PREZI DÍA DA PAZ .  O CEP Pilar Maestu Sierra de A Pobra xunto co CEIP Cespón realizaron unha sinxela PREZI sobre Alfred Nobel, Nobel da Paz e Nelson Mandela. 




Toño Vicente fixo un Brincaletras para o Día da


PAZ :


                                                                                 



         



                                              

Grazas a Ana de AulaTic- TerradeFerrol por compartir este recurso.                                 




Lim de Belén Junquera

                  


Conto e Actividades ,Lim de Belén Junquera: 




Conto : Marce , O Carteiro .





Conto de Gloria Fuertes , montaxe e tradución o galego de Ana Martínez . 
     
           
                 


                                                         









Glitter Text Generator



Por compartir todos estes recursos ,o voso traballo ,con todos nós .


 






martes, 16 de decembro de 2014

CALENDARIO 2015

CALENDARIO 2015 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán

Aquí está o noso calendario para o novo ano 2015 acorde co proxecto deste curso "UNHA VIAXE POLO TEMPO" . Agardamos que vos guste e que vos poida ser de utilidade.
As coplas son anacos da Historia da Lingua de Darío Xoán Cabana. Podedes acceder á historia completa en http://diadasletrasgalegas.galiciadigital.com/romance






domingo, 14 de decembro de 2014

Vídeo "O Morrazo esperta a Galicia"- Poema "Alborada" de Rosalía de Castro

 Este curso estamos preparando outro vídeo entre moitos centros do Morrazo, coma o curso pasado que, entre moitos, preparamos "O Morrazo esperta a Galicia" baseado no seu poema ALBORADA